HOMENAXE

Xan Duro asiste á ofrenda floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán

05/01/2017 O cemiterio municipal de Boisaca acolleu este xoves un acto de homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán, cando se cumpren 81 anos do seu falecemento. Á ofrenda floral asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

O vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, lembrou que a partir de agora a prolífica obra do autor pasará a ser de "dominio público, o que é una moi boa noticia para difundir o seu universal legado e realizar una homenaxe permanente ao escritor".

Ademais de cumprirse 81 anos do pasamento de Valle-Inclán, este ano coincide co 150 aniversario do seu nacemento. Entre os actos programados polo Concello para a súa conmemoración destaca a ruta literaria levada a cabo o pasado 28 de decembro polos recunchos de Compostela e a charla-coloquio que tivo lugar inmedianamente despois no Café Casino e á que acudiu o neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán.

Compartir: