SAÚDE

Concha Fernández visitou na praza Roxa a carpa da campaña "Polos teus ósos"

04/01/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitou a carpa da campaña "Polos teus ósos", promovida da Liga Reumatolóxica Galega. Este espazo de sensibilización estará na praza Roxa este mércores e mañá xoves de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas.

Nesta carpa informativa, a Liga Reumatolóxica Galega ofrece información sobre as enfermidades reumatolóxicas e musculoesqueléticas, que afectan ao 40% da poboación galega. Son a primeira causa de absentismo laboral e incapacidade.

Aproveitando estas sesións informativas, a entidade tamén iniciará unha campaña para captar fondos na que venderán, ao prezo de 5 euros, caixas de bombóns con forma de ósos. O recadado servirá de axuda para o desenvolvemento das súas actividades.

Compartir: