DEPORTES

A selección española de fútbol sala debutou en Santiago

18/11/2006 O Multiusos Fontes do Sar foi escenario da primeira presenza da selección española de fútbol sala en Santiago. Foi nun partido amigable fronte a Eslovenia. O resultado, 3-1 para España.

O partido contou cunha boa asistencia de público e coa presenza do palco do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, que non quixo perder esta cita. Acompañárono, entre outros, o presidente da Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar.

Compartir: