PUBLICACIÓNS

O desenvolvemento urbano de Compostela e o novo PXOM, temas centrais dun novo número da revista de información municipal

17/11/2006 Os cidadáns están a recibir nas súas casas un novo número de "Santiago de Compostela", a revista de información municipal. No número de outono, a publicación contén un amplo informe sobre o crecemento urbano de Compostela nos últimos 10 anos, nos que se construíron de 10.000 novas vivendas.

Do total de residencias, 2.789 (un 30%) foron vivendas protexidas. Esta porcentaxe está previsto que se duplique cando se entreguen as 6.300 vivendas que actualmente están en fase de redacción ou execución. Neste crecemento xoga un papel fundamental a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), constituída en 2000, que conseguiu dinamizar e axilizar a xestión do solo e da vivenda en Compostela.

O novo número tamén dedica unha especial atención ao novo PXOM e á súa redacción definitiva, que marca o modelo de cidade para os vindeiros 16 anos. No mesmo contémplase 35.000 novas vivendas. Tamén destacan a entrevista coa concelleira de Medio Ambiente, Limpeza e Cemiterios, Marta Álvarez-Santullano e unha reportaxe sobre a limpeza da cidade.

Outras cuestións abordadas na publicación son a inauguración do vieiro Sar-Pontepedriña, os incendios do mes de agosto, o acordo para a estación do AVE, a nova oficina de rehabilitación ou o convenio para o saneamento do rural.

Compartir: