NADAL 2016

Adxudicada a instalación da pista de xeo na Alameda

16/12/2016 A Xunta de Goberno adxudicou hoxe, nunha sesión extraordinaria, a instalación da pista de xeo da Alameda. Foi a través dun procedemento negociado sen publicidade aberto pola vía de urxencia, despois de que o primeiro procedemento quedara deserto ao non presentarse ningunha empresa. A instalación da pista de xeo correrá a cargo de Oziona Soluciones de Entretenimiento, a mesma empresa que o ano pasado. A pista estará aberta ata o 15 de xaneiro.

Durante as vacacións de Nadal, ata o día 7 de xaneiro, a pista de xeo funcionará de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. A partir do 7 e ata o día 15 de xaneiro, as instalacións estarán abertas de luns a venres pola tarde, de 17:00 a 21:00 horas; e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. As entradas custarán 10 euros.

Compartir: