URBANISMO

Sánchez Bugallo: " Compostela é a cidade española cun crecemento máis moderado do prezo da vivenda"

17/11/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou o último informe do Ministerio de Vivenda sobre a evolución do prezo da vivenda nos municipios de máis de 25.000 habitantes. Segundo os datos, Compostela ocupa o número 226 do total de 282 municipios de España, mentres que hai oito anos o posto era o número 10 entre as cidades máis caras.

A evolución neste período reflicte, segundo Sánchez Bugallo, que "Compostela é a cidade española cun crecemento máis moderado do prezo da vivenda". Estas cifras susténtanse na contención do prezo da vivenda libre e na forte inxección de vivenda protexida.

O informe do Ministerio de Vivenda indica que o prezo medio do metro cadrado nunha vivenda en Santiago está en 1.392,2 euros. Este custo é de 1.319,5 no caso vivendas de ata dous anos de antigüidade e de 1.695,5 en residencias de máis vellas.

O alcalde resaltou que esta evolución dos prezos "confirma que se están cumprindo os obxectivos da política de vivenda dos últimos anos, cunha aposta clara pola vivenda protexida. A súa previsión é que nos vindeiros 10 anos continúe o sostemento dos prezos.

Compartir: