MEDIO AMBIENTE

Santiago e Boqueixón asinan un convenio de colaboración para o abastecemento de auga potable ao aeroporto

14/12/2016 Os concellos de Santiago e Boqueixón veñen de asinar un convenio de colaboración para o abastecemento de auga potable ao aeroporto de Lavacolla. O acordo terá unha vixencia de cinco anos e poderá ser prorrogado por acordo expreso das dúas partes.

O convenio establece que o subministro de auga potable ao aeroporto se fará dende a estación de tratamento situada no lugar de Orto, en Boqueixón, que xa atende a dous núcleos de poboación de Compostela: Marrozos e Lavacolla. O Concello de Santiago compartirá este servizo e colaborará proporcionalmente no seu custo, que será de 0,745 euros por metro cúbico de auga consumido, máis IVE. O caudal máximo a subministrar para o aeroporto de Lavacolla será de 240 metros cúbicos diarios.

Compartir: