ALCALDÍA

O alcalde reuniuse coa Coordinadora Galega de ONG

14/12/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, a unha representación da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

No encontro, as representantes da Coordinadora detallaron ao alcalde e á concelleira as súas actividades e exploráronse posibles vías de colaboración municipal.

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento celebrou neste 2016 o seu 25º aniversario. Na actualidade está integrada por 45 entidades, que representan a unhas 43.000 socias e socios.

Compartir: