DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A Cidade da Cultura acolle a xornada Getting Contacts

12/12/2016 A Cidade da Cultura acolle o luns 19 unha nova edición de Getting Contacts, xornada de encontro e intercambio empresarial, organizada polo Departamento de Promoción Económica do Concello de Santiago, co financiamento da Deputación de Coruña, dentro do programa Compostela Móvese. Está previsto que participen arredor de 100 empresas.

Nesta edición, a Xornada esta dedicada ás "Empresas creativas", e diríxese a persoas emprendedoras, profesionais e empresas co obxectivo de facilitar contactos técnicos e comerciais para atopar nova clientela, colaboracións, empresas provedoras e/ou distribuidoras. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través de Internet na páxina web de Getting Contacts.

Cada persoa participante desenvolverá unha media de 15 contactos nesta xornada con distintos cargos profesionais e empresas. A propia organización, en base aos perfís e intereses das empresas participantes, deseña unha axenda personalizada de 10 contactos por cada participante máis un listado detallado das empresas participantes.

Practicamente a totalidade dos participantes son emprendedores ou directivos de Pemes, das cales a maioría son do sector TIC, como empresas de deseño, informática, comunicación, ou de sectores vinculados co propio sector TIC, como corredurías de seguros, empresas de formación, despachos xurídicos...

Direccións relacionadas



Compartir: