FUNDACIÓN GRANELL

Xornadas de portas abertas na Fundación Granell para conmemorar o nacemento do artista

15/11/2006 Como ven sendo habitual dende desde hai anos, a Fundación Granell realiza un acto de conmemoración do nacemento do artista no mes de novembro. En 2006 a conmemoración consistirá nunhas xornada de portas abertas da institución do 22 ao 29 de novembro.

Na presentación das actividades previstas, o alcalde lembrou a Eugenio Granell, un "home bo e unha figura excepcional". Sánchez Bugallo invitou aos composteláns a visitar a Fundación, "o maior depósito de arte pictórica de Santiago por calidade e cantidade". Nesta mesma proposta insistiron o concelleiro de Cultura, Néstor Rego e a filla do artista e presidenta da Fundación, Natalia Fernández.

Nesta semana de homenaxe o público terá ocasión de facer un achegamento á figura de Eugenio Granell, gozando de xeito gratuíto das exposicións por medio de visitas guiadas, ademais de ter a oportunidade de participar no xogo surrealista más senlleiro, o "cadáver exquisito". Trátase de un xogo colectivo no que se resaltan valores como o sentido do humor, a autoría colectiva dunha obra de arte e o valor da creatividade como ferramenta do espírito humano non restrinxida ao ámbito da arte.O acto de homenaxe institucional será o día 29 de novembro, ás 20:00 horas, nunha xornada na que, entre outras cousas, poderase ver a exposición dos resultados dos xogos surrealistas.

Ademais destas xornadas faise unha convocatoria para todo aquel que queira conmemorar o nacemento de Eugenio Granell -non ten porque ser artista- colgando da páxina web da institución unha obra de creación plástica,literaria, unha carta, unha nota, etc. As pezas enviadas estarán colgadas na páxina web da Fundación ata o día 20 de novembro.

Compartir: