EQUILIBRIO TERRITORIAL

Avanzan as obras na rúa das Rodas

16/11/2016 O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial anunciou hoxe que as obras de reparación da rúa das Rodas teranse que prolongar previsiblemente ata comezos da semana que vén. Rafael Peña explicou que "finalmente foi preciso picar todo o formigón do carril de baixada, que se atopaba en moi mal estado, e estase facendo un esforzo traballando a dobre quenda para respectar os prazos".

O edil sinalou que "tendo en conta as previsións meteorolóxicas, o obxectivo é estender o novo aglomerado no carril de baixada o venres, para que a obra quede finalizada o sábado". Despois, "só faltarían as reparacións do carril de subida, que lle afectarán a dous puntos concretos da calzada".

Ademais, explicou que neses días tamén se está traballando nas parroquias de Marrozos, O Eixo e Enfesta, no marco do gran contrato de mantemento.

Compartir: