SAÚDE

Compostela uniuse ao Día Mundial da Diabete

14/11/2006 O Día Mundial da Diabete tivo a súa expresión en Compostela nunha carpa situada na Praza do Toural e promovida pola Asociación Compostela de Diabete. Esta xornada pretendía fomentar a concienciación sobre o feito de que todas as persoas con diabete ou con risco de sufrila merecen a mellor educación, prevención e atención posibles.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta carpa e mesmo fixo a proba para medir os seus niveis de glucosa (azucre). Precisamente, a necesidade dunha detección precoz é un dos temas sobre os que máis se quería insistir nesta xornada, xa que o paso do tempo dificulta o control da enfermidade. De feito, hai variedades de diabete, como a tipo 2, que pode permanecer oculta durante máis de dez anos.

Na carpa distribuíase todo tipo de información sobre a diabete, as súas características e o seu tratamento. Pero sobre todo, intentábase concienciar aos cidadáns da normalidade coa que se debe afrontar esta enfermidade e tratar aos que a padecen.

Compartir: