PLENO EXTRAORDINARIO

Apróbase a adhesión á Carta de Vitoria e o Peri-12

19/04/2005 O Concello aprobou na sesión extraordinaria do Pleno a adhesión a denominada "Carta de Vitoria", que recolle o decálogo das reivindicacións do municipalismo español, así como o Peri-12, o Colexio Manuel Peleteiro.

Nesta mesma data a maioría dos concellos españois celebraron plenos extraordinarios co mesmo motivo, nunha xornada na que precisamente se conmemora o XXVI aniversario da constitución das corporacións democráticas a raíz das eleccións municipais do 3 de abril de 1979.

A adhesión foi aprobada cos votos a favor do PSdG e do Grupo Popular e co voto en contra do Bloque Nacionalista Galego. O acordo plenario será remitido ao Presidente do Goberno e ao Presidente da Comunidade Autónoma.

A "Carta de Vitoria" contén o devandito decálogo, aprobado o pasado mes de novembro na capital vasca, durante os actos conmemorativos do XXV aniversario das Corporacións Democráticas organizados pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e conforma unha declaración dos poderes locais que marca o horizonte dos próximos anos sobre actuacións preferentes do municipalismo español: garantir a solvencia económica e financeira; delimitar as competencias locais no proceso de reforma dos Estatutos de Autonomía e consolidar a representación institucional e política dos gobernos locais no Senado.

Por outra banda, tamén se aprobou o segundo punto do pleno, "Resolución de alegacións e aprobación definitiva do PERI-12, Colexio Manuel Peleteiro", cos votos a favor do PSdG e do BNG e coa abstención do PP.

Documentos relacionados



Compartir: