EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As escolas infantís celebraron o Samaín

28/10/2016 A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago celebrou este venres a súa festa do Samaín, culminando así unha semana na que os nenos e nenas dos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío – Salgueiriños dedicaron toda a semana a actividades relacionadas con esta celebración.

Os pequenos e pequenas decoraron cabazas, contaron contos de pantasmas e elaboraron caretas, gravando os procesos de traballo… As familias participaron achegando ás escolas cabazas decoradas, produtos de tempada como as castañas, noces e disfraces para o día da festa.

Na xornada festiva deste venres, os nenos e nenas pintaron a cara coma se fosen pantasmas terroríficas cos seus disfraces, contaron contos do Samaín e remataron a xornada cunha animada degustación de produtos típicos do outono.

Compartir: