EDUCACIÓN

As novas tarifas da Escola Infantil de Fontiñas atenden a criterios sociais

13/11/2006 A Xunta de Goberno aprobou as novas tarifas da Escola Infantil Municipal de Fontiñas. As tarifas teñen en conta os niveis de renda per cápita mensual da unidade familiar e mesmo poden chegar á gratuidade para as familias con menores ingresos.

O prezo pola asistencia á Escola en xornada completa é de 110 euros mensuais. Pero aplicaranse reducións en función da renda. Deste xeito, as familias cuxa renda per cápita mensual sexa inferior ao 50% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) non terán que pagar cantidade ningunha. As familias con ingresos menores do 30% do SMI tampouco terán que pagar nada pola ampliación de horario nin polo comedor e o almorzo.

Para o servizo de comedor fíxase un importe de 33 euros mensuais, tamén con reducións en función da renda. No caso de nenos e nenas que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que, excepcionalmente e por motivos xustificados, desexen utilizar o servizo algún día solto, o prezo será de dous euros por día. O custo do servizo de transporte queda establecido tamén en 33 euros mensuais e o do horario ampliado en 13,75 euros.

A xornada completa comprende quendas de 7:30 a 12:30 e de 16:00 a 20:30 horas. O horario ampliado é de 14:00 a 16:00 horas, para nenos e nenas que non son usuarios do comedor, pero permanecen no centro logo de rematar a xornada de mañá. Tamén se fixan descontos en función das circunstancias familiares, tales como a pertenza a familias numerosas ou a asistencia de varios nenos ao centro.

Compartir: