BENESTAR SOCIAL

Os maiores de Compostela disporán dun servizo de lavandería

13/11/2006 A Concellaría de Benestar Social pon en marcha un servizo de lavandería sobre rodas para persoas maiores ou con problemas familiares. Ademais, o departamento tamén vai a lanzar un servizo de comedor.

O programa consistirá na realización dun servizo de recollida de prendas de uso doméstico nos domicilios daquelas persoas que por idade, ou situación persoal, presentan dificultades para realizar o lavado de prendas domésticas: cortinas, manteis, mantas, edredóns, abrigos, etc. Unha vez lavadas e pasadas ao ferro, as prendas entregaranse nos domicilios.

A Xunta de Goberno local adxudicou o servizo ata finais de ano, pero terá continuidade en 2007. Como tamén se implantará un servizo de comedor a domicilio, que permitirá subministrarlle comidas ás persoas que non poden valerse por si mesmas. O servizo, de carácter permanente e diario, terá en conta as especificidades de cada usuario e a súa dieta.

Compartir: