PLENO

Santiago entra na Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA)

20/10/2016 O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade a adhesión de Santiago á Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa, UCCLA, como membro observador. Con este acordo, dáselle cumprimento á Lei Paz Andrade para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Esa lei indica que os poderes públicos galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa e das culturas lusófonas para afondar nos vencellos históricos que unen Galicia cos paísés e comunidades de lingua portuguesa.

A Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa foi fundada o 28 de xuño de 1985 co obxectivo de fomentar o entendemento e a cooperación entre os seus municipios membro; o intercambio cultural, científico e tecnolóxico; e a creación de oportunidades económicas, sociais e de convivencia, tendo en conta o progreso e o benestar dos seus habitantes.

Os estatutos da UCCLA establecen que poden ser membros observadores as comunidades lusófonas e as cidades lusófonas e non lusófonas que queiran acompañar a actividade da rede.

Compartir: