CASCO HISTÓRICO

O acondicionamento da Praza de Cervantes estará listo nuns catro meses

13/11/2006 A Xunta de Goberno local adxudicou as obras de acondicionamento da Praza de Cervantes e do seu contorno. As obras, teñen un período de execución de tres meses e un orzamento de 341.672 euros.

As obras afectarán á Praza de Cervantes, á rúa de San Bieito, á Praza do Irmán Gómez e á Praza da rúa da Oliveira, onde se suprimirá o transformador eléctrico existente. O proxecto inclúe a construción dunha illa ecolóxica de contedores subterráneos na Algalia de Abaixo.

Esta actuación é obra dos arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos. Enmárcase dentro do convenio subscrito en 2001 co Instituto Galego de Vivenda e Solo en materia de actuacións na área de rehabilitación do casco histórico.

Compartir: