TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade na principal feira turística de Italia

11/10/2016 Turismo de Santiago promocionará a cidade na TTG Incontri, a feira de turismo cultural máis importante de Italia, que terá lugar en Rimini entre o 13 e o 16 de outubro. Trátase do maior foro de contratación do sector turístico italiano, xa que convoca a maior parte dos operadores turísticos do país.

Turismo de Santiago estará presente no stand de Turespaña e terá a oportunidade de facer unha presentación aos profesionais italianos interesados no mercado español, especialmente aos vinculado coa cultura, o patrimonio e a gastronomía. Ademais, Turismo de Santiago reunirase cos principais turoperadores italianos que traballan co mercado ibérico.

O mercado italiano é prioritario para Turismo de Santiago, xa que é o que máis pernoctacións foráneas xera na cidade. Dende 2003, o número de viaxeiros italianos duplicouse en Santiago, ata alcanzar as 77.587 pernoctacións no 2015.

Dende hai dous anos, Italia constitúe tamén o primeiro país de procedencia de peregrinos internacionais no Camiño de Santiago, pois aportou 22.148 dos 262.459 peregrinos chegados no 2015.

Compartir: