DEPORTE

Mañá remata a inscrición para a última proba do CorreSan do 15 de outubro

11/10/2016 O V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chega ao seu final coa celebración da última proba deste 2016, que será a Ruta dos Parques de Compostela. CorreSan é o programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes.

Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás. O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O mércores remata o prazo de inscrición desta última proba, cuxo percorrido é novo e darase a coñecer a finais de semana. De momento son máis de 600 as persoas inscritas sumando as tres categorías: persoas adultas, escolares 1 e escolares 2. Será a proba que decida os gañadores e gañadoras desta quinta edición do CorreSan.

A proba na categoría adulta terá unha distancia de 5.400 metros; a de escolares 1 de 1.645 metros e a de escolares 2 de 2.520 metros. É a última carreira puntuable do circuíto.

Direccións relacionadas



Compartir: