CENTROS SOCIOCULTURAIS

Mozos e mozas teñen unha cita solidaria nas salas de estudo

10/11/2006 O Concello de Santiago, a través da súa rede de centros socioculturais, e a Universidade de Santiago colaboran na "IV Olimpiada Solidaria do Estudo", unha innovadora acción de educación e sensibilización, que pretende recaudar fondos para proxectos solidarios. Estas dúas institucións achegarán un euro por cada hora de estudo nas salas habilitadas ao efecto. A iniciativa está promovida pola ONG Coopera-Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo.

Os mozos e mozas poden acudir a estudar ás salas e converterse en estudantes solidarios do 13 ao 14 de novembro. O seu esforzo converterase así en el diñeiro que permite o financiamento de varios proxectos de axuda ao desenvolvemento. Deste xeito, os estudantes amosan o seu compromiso e solidariedade de maneira activa e son protagonistas do proceso de cambio que se quere impulsar coa axuda ao desenvolvemento.

A mecánica é sinxela. No caso das salas de lectura dos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas, Castiñeiriño e A Trisca, os bibliotecarios e animadores socioculturais encargaranse de tomar os datos dos participantes, que recibirán o seu pasaporte de estudio solidario para poder levar a conta das horas, que logo se converterán en euros.

Una vez inscrito, o estudante terá que decidir cánto tempo vai estudar e o bibliotecario daralle o correspondente papel moeda (hai papel moeda dunha hora e de hora e media). Ao saír, o encargado comprobará o papel moeda, selarao e introducirao na urna, apuntará as horas no pasaporte de estudio e encherá as follas de control. O resto de días que acuda ás salas de estudo solidarias so terá que achegarse ao bibliotecario para recoller o papel moeda e, unha vez rematado o seu estudo, pedirlle que comprobe o seu papel moeda e o sele para introducilo na urna.

No caso das salas de estudo da Universidade de Santiago, o control farase a través das propias tarxetas universitarias de identificación. A USC habilitará un total de quince salas, doce no Campus de Santiago e tres no de Lugo.

Edición anterior

Na edición de 2005, 1.500 estudantes participaron nas salas universitarias, con 12.000 horas/euros, e uns 300 rapaces nos centros socioculturais, cunhas 600 horas/euros.

En total, participaron na Olimpiada 27 cidades españolas, que achegaron máis de 140 salas de estudio, ás que acudiron 8.629 estudantes, de entre 5 e 28 anos. Entre todos alcanzaron as 91.646 horas de estudio, 91.646 euros destinados a varios proxectos: Escola Técnica Secundaria "Kiryama" (Burundi), Centro de Potenciación de Competencias "Nieré" (Costa de Marfil) e Fogar-Escola "Ave María" (Sri Lanka). O obxectivo para este ano é alcanzar os 125.000 euros.

Este ano 2006 non só os mozos de España participarán co seu estudo solidario, senón que a eles se sumarán os de Bélxica e de Costa de Marfil e Burundi, que serán beneficiarios dos proxectos que se financiarán grazas a esta campaña. Estímase que nesta cuarta edición estudarán máis de 10.000 mozos nas 48 cidades que participan achegando máis de 160 salas de estudio repartidas en estes catro países:

Este proxecto solidario foi presentado en Raxoi pola concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón. Na rolda tamén estiveron o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; o responsable da Oficina do Voluntariado da USC, Xavier Agrafojo, e a responsable de Coopera en Galicia, Laura Piccirillo.

Compartir: