RELACIÓNS VECIÑAIS

Publicada no BOP a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais para actividades de interese xeral

14/09/2016 O BOP de hoxe publica a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2016.

Poderán acollerse a esta convocatoria todas as asociacións veciñais do municipio de Santiago que cumpran unha serie de requisitos. As asociacións deben figurar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello con anterioridade ao anuncio desta convocatoria e ter actualizados os datos no mesmo. Ademais deberán estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Territorial da Seguridade Social e os gobernos local e autonómico. Non poden estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario das subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A contía total destinada a esta convocatoria de axudas é de 64.800 euros, cun máximo subvencionable do 80% do orzamento de gastos que detalle cada asociación no formulario de solicitude. En todo caso, a contía máxima non será superior aos 1.900 euros por solicitude.

O prazo de admisión de solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: