ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro

17/08/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, co que falou sobre a nova tempada que o equipo iniciará en breve na Terceira División.

O encontro serviu tamén para que máximo dirixente do Compostela lle entregara persoalmente o abono que o alcalde sacou para a nova tempada.

Compartir: