ALCALDÍA

Recepción aos participantes no LIX Curso Internacional "Música en Compostela"

11/08/2016 A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os participantes na LIX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra dende o 31 de xullo e que rematará o vindeiro 13 de agosto. Nesta edición participan 80 alumnos e alumnas procedentes de diferentes puntos de España e de países como Rusia, Bélxica, Romanía, Alemaña, Portugal, Canadá, Estados Unidos, Costa Rica, México, Colombia, Brasil ou China.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Un exemplo destes foron os dous concertos ofrecidos nesta edición pola Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, no Auditorio de Galicia.

Compartir: