INFRAESTRUTURAS

Adxudicada a redacción do proxecto para a reurbanización das rúas Montero Ríos e Doutor Teixeiro

06/11/2006 A Xunta de Goberno local adxudicou a asistencia técnica para a redacción do proxecto da reurbanización da rúa Montero Ríos (tramo Rosalía de Castro-Doutor Teixeiro) e da reurbanización da rúa Doutor Teixeiro (tramo Montero Ríos-Praza Ponte Castro). O importe do mesmo é de 127.600 euros e estará listo en catro meses e medio.

Estas dúas rúas uniranse así a outras xa reurbanizadas no Ensanche, co obxectivo de recuperar este espazo para o uso dos cidadáns, con amplas beirarrúas e unha configuración especialmente atractiva. A urbanización destas dúas rúas terá as súas peculiariedades, pero seguirá unha liña semellante á realizada en Xeneral Padiñas. As obras poderían comezar no segundo trimestre de 2007.

Compartir: