ALCALDÍA

O alcalde inaugurou o Salón do Automóbil de Ocasión e Importación

03/11/2006 O recinto feiral de Amio acolle do 3 ao 4 de novembro o Salón do Automóbil de Ocasión e Importación, organizado pola Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña (ATRV).

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, encargouse de inaugurar este evento, na compaña do presidente comarcal da ATRV, Jesús José Chenel Noya. Logo, percorreron xuntos as instalacións e contemplaron a oferta automobilística que durante estes días poderán visitar os composteláns.

Compartir: