CONSORCIO

O Consorcio de Santiago renova a súa páxina web

03/11/2006 A páxina web do Consorcio, www.consorcio-santiago.org mudou tanto a súa aparencia coma os seus contidos, co obxectivo de facilitar o seu manexo por parte dos cidadáns. A web, dispoñible en galego e castelán, presenta ademais novas seccións que permiten ao usuario informarse sobre tódolos proxectos que dependen do Consorcio. Deste xeito, pódense consultar os diferentes programas de rehabilitación vixentes para o Casco Histórico, así como a normativa ou os concursos convocados. Por outra banda, a páxina inclúe unha sección de novas que se actualiza periodicamente e que serve de apoio aos medios de comunicación.

O usuario da páxina pode tamén atopar ligazóns coa web da Real Filharmonía de Galicia e con outros servizos concesionados do Consorcio (Palacio de Congresos, Multiusos Fontes do Sar, Centro de Estudos Avanzados e Escola de Altos Estudos Musicais). Así mesmo, conta cun apartado dedicado ás noticias culturais do Consorcio, no que se inclúe, entre outras, a exposición ‘Intramuros’, ubicada no antigo Banco de España e que aínda estará aberta ao público ata o mes de febreiro.

Está previsto que nos vindeiros días a web poda ser consultada en inglés. Tamén se porán en servizo novas seccións dinámicas, como a referida ás publicacións do Consorcio, un arquivo fotográfico ou un consultorio sobre rehabilitación, no que os cidadáns poderán resolver as súas dúbidas a través do correo electrónico.

Compartir: