CONVIVENCIA

Moito Olliño visita o Hospital Clínico

29/06/2016 A Policía Local de Santiago segue traballando para que os condutores do futuro sexan condutores precavidos. Esta mañá, o seu programa de educación viaria chegou ao Hospital Clínico, onde a mascota Moito Olliño visitou a escola infantil do centro, á que acoden os nenos e nenas ingresados, e tamén o centro no que son atendidos os fillos e fillas do persoal do CHUS.

A visita ao Hospital Clínico enmárcase no programa de seguridade viaria "Móvete seguro con Moito Olliño", que a Policía Local puxo en marcha para darlles aos máis novos as claves para unha mobilidade segura. O proxecto, liderado pola oficial Diana Parente, chegou xa a centos de alumnos de distintos colexios públicos e privados de Compostela.

Durante as charlas, os nenos e nenas familiarízanse coas sinais de tráfico e coas condutas que teñen que ter como peóns, ciclistas ou como futuros condutores. Deste xeito, trabállase desde idades temperás na busca dunha maior autonomía persoal e na adquisición de hábitos viarios seguros e responsables.

Compartir: