CONCENTRACIÓN

Minuto de silencio na praza do Obradoiro polo atentado en Estambul

29/06/2016 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración na que se gardou un minuto de silencio polo atentado acontecido onte no aeroporto de Estambul.

O alcalde, Martiño Noriega, outros membros da Corporación e traballadores municipais sumáronse ao acto, co que se quixo mostrar a o profundo rexeitamento ao atentado acontecido en Turquía e o apoio ás vítimas e ás súas familias.

Compartir: