DEPORTES

Óscar Pereiro apadriña as bolsas 2006 da Fundación Compostela Deporte

02/11/2006 O mércores 8 de novembro, ás 20:00 horas, entregaranse no Auditorio de Galicia e as bolsas 2006 para deportistas individuais convocadas pola Fundación Compostela Deporte. Esta edición contará co apadriñamento do ciclista galego Óscar Pereiro.

No evento entregaranse quince bolsas individuais por valor de 1.200 euros cada unha, ademais de premios e agasallos para os deportistas seleccionados e para os adestradores. O nome dos deportistas composteláns seleccionados darase a coñecer na páxina web da Fundación Compostela Deporte o venres 3 de novembro. Os bolseiros e bolseiras coñeceranse no propio acto.

Estas bolsas teñen como finalidade apoiar a práctica deportiva e facilitar o rendemento dos deportistas composteláns con proxección para acadar a elite deportiva, tanto en relación ao seu perfeccionamento técnico como en posibilitar a súa participación en eventos deportivos de carácter oficial.

Compartir: