EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica ás familias as prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán

08/06/2016 Finalizado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Verán 2016, o Departamento de Educación e Cidadanía, comunica que todas as solicitudes presentadas en prazo (ata o 31 de maio) e que cómpren os requisitos de participación establecidos nas bases do programa, foron admitidas nas modalidades escollidas, agás aqueles participantes que pediron a modalidade de madrugadores no CEIP Raíña Fabiola no que non se vai prestar dito servizo por non chegar ao mínimo de solicitudes requirido de acordo coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local.

A todos os solicitantes que facilitaron un enderezo de correo electrónico se lles enviou un correo confirmando as prazas/as correspondente/s.

Poderán realizar as consultas que consideren oportunas no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, a través dos teléfonos 981 554 400/401 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Nos próximos días, os participantes, recibirán por correo electrónico máis información referente ao programa de actividades, así como as autorizacións correspondentes.

Tendo en conta que se cubriron todas as prazas dispoñibles non se atenderán máis peticións nin se poderán ampliar nin reducir servizos.

Compartir: