EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Esgotadas as prazas dispoñibles para o Programa Municipal de Conciliación de Verán

01/06/2016 Finalizado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se desenvolverá nas instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raíña Fabiola nos meses de xuño, xullo e setembro, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que non quedan xa prazas dispoñibles. Nos próximos días publicaranse os listados de admitidos e excluídos.

O Programa Municipal de Conciliación estará en marcha no período das vacacións do verán 2016, isto é, nos meses de xuño (23, 27, 28, 29, e 30), xullo (do 1 ao 31, agás sábados, domingos e festivos) e setembro (días 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9). O programa está dirixido a nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago, con idades entre os 3 e os 12 anos.

O horario será de 9:00 a 14:00 horas, con posibilidade de que as familias puideran solicitar ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas). En xuño e setembro haberá 60 prazas para as actividades e obradoiros, 30 para o servizo de madrugadores e outras 30 para o servizo de comedor. En xullo incrementáronse a 80 as prazas para actividades e obradoiros, 40 para o servizo de madrugadores e 40 para o de comedor.

Máis información nesta web, no enderezo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal e no teléfono 981 554 400.

Compartir: