POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Internacional contra a Homofobia con actividades para familias e escolares de primaria e secundaria

16/05/2016 O Concello de Santiago quere sumarse ao Día Internacional contra a Homofobia, que se celebra o 17 de maio, mediante a celebración de diversas actividades ao longo de varias semanas. É a primeira acción dun proxecto máis amplo que a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde quere levar a cabo durante o vindeiro curso.

A primeira charla está dirixida a nais e pais e está organizada conxuntamente coa Federación de Anpas de Compostela. Consistirá nunha sesión de dúas horas con profesionais especializados que traten de reflexionar sobre a inclusión das diversidades sexuais dende as familias.

Esta actividade compleméntase con 40 obradoiros dunha hora de duración destinados a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria. Neles trataranse as diversidades sexuais na aula e orientarase aos rapaces e rapazas a como afrontar a súa sexualidade e o respecto que debe imperar nas escolas e institutos dende idades temperás.

Compartir: