URBANISMO

Reaxustes nas rúas do SUP-6 da Choupana

30/10/2006 A Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o estudio de detalle na rúa da Choupana do solo urbanizable programado número 6 (Sup-6) de Santa Marta. Este documento, elaborado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA), "axusta as aliñacións correctamente", tal como indicou o concelleiro de Urbanismo, Luís Toxo.

Estas rúas aínda non teñen nome, polo que se produce o reaxuste da rúa denominada A. Tamén se produce un reaxuste da aliñación da rúa da Choupana, co fin de integrar as construcións existentes e manter a sección desta rúa determinada no PXOU. As obras de urbanización e edificación no Sup-6 de Santa Marta están en marcha na actualidade.

Por outra parte, e tamén en materia de urbanismo, o Goberno local autorizou a segregación de varias parcelas, a efecto de permitir a execución do Plan de sectorización do Sunp-5 da Muíña. Finalmente, concedeuse a licenza para a construción de 44 vivendas no quinteiro 6 do Polígono 1 do Sup-2 de Cornes.

Compartir: