ESPAZOS CIDADÁNS

O concelleiro de Espazos Cidadáns participa en Zaragoza no Observatorio Municipal de Rehabilitación impulsado pola FEMP

13/05/2016 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade participa hoxe en Zaragoza nunha reunión do Observatorio Municipal de Rehabilitación, impulsado pola Federación Española de Municipios y Provincias e a Fundación La Casa que Ahorra.

Este Observatorio ten como obxectivo contribuír ao fomento da eficiencia enerxética no ámbito da rehabilitación, e del tamén forman parte representantes do Ministerio de Fomento, o IDAE e diferentes concellos con experiencia no campo da rehabilitación, como Barcelona, Madrid, Valencia, Santander, Pamplona, Segovia, Huesca, San Sebastián ou Bilbao.

Estes mesmos concellos participaron onte nunha xornada de Municipios pola Rehabilitación Urbana, á que tamén asistiu Jorge Duarte. O encontro estivo organizado polo Green Building Council España, en colaboración coa FEMP, a Fundación La Casa que Ahorra e o Concello de Zaragoza. No taller traballouse sobre as experiencias en materia de rehabilitación de distintas cidades, analizando cuestións como a posibilidade de financiar as obras de accesibilidade para persoas sen recursos, ou a concesión de axudas de rehabilitación progresivas en función da renda.

Compartir: