DEPORTES

Compostela saíu á rúa para vivir unha nova edición da Carreira Pedestre Popular

29/10/2006 Como cada ano por estas datas, centos de composteláns saíron á rúa para vivir a Carreira Pedestre Popular, uns para correr e outros simplemente para animar aos atletas. Nesta XXIX edición, o gañador foi, por segundo ano consecutivo, o atleta keniata Peter Kamais, cun tempo de 35 minutos e 15 segundos.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída á carreira dos nenos na Avenida Xoan XXIII, e logo participou na entrega de premios. A continuación, os participantes na carreira pasaron pola Casa do Concello, onde foron recibidos no seu Salón Nobre.

Compartir: