ALCALDÍA

Recoñecemento aos galegos do ano

28/10/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu un ano máis á entrega dos premios "Galegos do ano", que promove o grupo El Correo Gallego. No acto, ao que tamén asistiu, entre outros, a ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, serviu para recoñecer a persoas e institucións galegas que destacan polo seu labor e traxectoria.

O propio Sánchez Bugallo encargouse de entregar algún dos galardóns na gala celebrada no Auditorio de Galicia. Entre os premiados deste ano atopábanse a Real Academia Galega, o club Autos Lobelle, o Centro Cottolengo ou os traballadores contra o lume.

Compartir: