EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Teatro Principal acolleu as representacións dos grupos escolares de primaria no XXI Certame de Teatro Intercentros

09/05/2016 Concluíu o XXI Certame de Teatro Intercentros coas tres representacións dos grupos de primaria. O concurso, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, xa celebrara dúas xornadas coas posta en escena das obras dos centros de secundaria.

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios asistiu a esta xornada, aberta pola Aula de 6º do Colexio San Jorge, coa obra O meu conto. A continuación subiron ao escenario os nenos e nenas de As Lupas Pictográficas, grupo de teatro do CEEPR Aspanaes Duques de Lugo, que representou O castiñeiro triste. Finalmente, actuou o grupo Máscara, do CEIP López Ferreiro, coa obra Mágoas de campesiños e señoritos.

Ao longo da xornada contaremos cunha convidada moi especial, atendendo á súa formación artística e, concretamente, no ámbito do teatro e da tradición oral: Paula Carballeira. Con ela teremos ocasión de comprobar o seu labor de dinamización de grupos e as súas habilidades para a motivación dos escolares.

Direccións relacionadas



Compartir: