CONVIVENCIA

A Policía Local imparte un taller sobre sistemas de retención infantil

09/05/2016 Este mércores, 11 de marzo, a Policía Local de Santiago impartirá unha charla-taller sobre educación viaria para embarazadas e sistemas de retención infantil, baixo o título "Abrázao á vida". Será no Centros Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, de 18:30 a 20:00 horas.

As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente no propio centro do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14/16 – baixo) ou a través do teléfono 981 543 001. As participantes neste taller recibirán información sobre a normativa legal; os diferentes grupos dos sistemas de retención infantil; o uso e correcta colocación dos mesmos; e o emprego de cintos, adaptadores e chalecos para embarazadas. Ademais, poderán aclarar dúbidas mediante exemplos prácticos.

Compartir: