EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os grupos de primaria representan as súas obras este vindeiro luns dentro do XXI Certame de Teatro Intercentros

06/05/2016 Este vindeiro luns, 9 de maio, terán lugar as representacións dos grupos de teatro de educación primaria do XXI Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e pola coordinadora de equipas de Normalización Lingüística. O acto contará coa asistencia do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Abrirá a xornada, ás 11:00 horas, a Aula de 6º do Colexio San Jorge, coa obra O meu conto. A continuación (11:45 horas), subirán ao escenario os nenos e nenas de As Lupas Pictográficas, grupo de teatro do CEEPR Aspanaes Duques de Lugo, que representará O castiñeiro triste. Finalmente, ás 12:15 horas, actuará o grupo Máscara, do CEIP López Ferreiro, coa obra Mágoas de campesiños e señoritos.

Ao longo da xornada contaremos cunha convidada moi especial, atendendo á súa formación artística e, concretamente, no ámbito do teatro e da tradición oral: Paula Carballeira. Con ela teremos ocasión de comprobar o seu labor de dinamización de grupos e as súas habilidades para a motivación dos escolares.

Compartir: