FESTAS

O público e o bo tempo acompañaron a primeira xornada da Ascensión

04/05/2016 As Festas da Ascensión arrancaron este mércores con varias actividades musicais e bo tempo, que sacaron á rúa a veciños e visitantes. O concerto estrela da xornada celebrouse na praza da Quintana, co Santiago 40 Pop.

Efecto Pasillo, Álvaro Soler, Furious Monkey House e o compostelán Fredi Leis encheron coa súa música a praza, nun espectáculo conducido polos DJ's Tony Aguilar e Paulo Regueiro. Mentres isto sucedía na Quintana, Chicharrón tocaba na praza do Toural e a orquestra Ledicia no paseo central da Alameda.

Como cada ano, as Festas da Ascensión comezaron co disparo de bombas e co desfile dos cabezudos polas rúas do Casco Histórico.

Direccións relacionadas



Compartir: