POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela uniuse á celebración da Semana da Acción Social pola Educación

29/04/2016 A concelleira de Políticas Sociais. Concha Fernández, participou con ducias de nenos e nenas no acto de celebración da Semana da Acción Social pola Educación, realizado na praza da Quintana.

A Semana da Acción Social pola Educación é unha semana na que os máis de 124 países que traballan por garantir o dereito á educación se mobilizan para chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e, especialmente, dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo.

Direccións relacionadas



Compartir: