ALCALDÍA

Borja Golán visitou o Pazo de Raxoi

28/04/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, recibiron o xogador de squash Borja Golán. No encontro tamén participaron representantes dos diferentes grupos municipais.

O deportista compostelán segue acumulando títulos e vén de proclamarse o pasado 10 de abril novamente campión de España, o que supón xa o seu 14º título. Agora atópase preprando o Campionato de Europa, que se disputará en maio en Varsovia (Polonia).

Compartir: