ACCIÓN CULTURAL

Limiar Teatro presenta "Don Quixote", unha comedia gastronómica con textos de Cervantes e outros dirixida ao público infantil

18/04/2016 Limiar Teatro presenta Don Quixote, unha comedia gastronómica con Fran Núñez dirixida por Nuria Gullón, que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Será este martes 19 de abril, a partir das 18:30 horas, no Teatro Principal. A obra está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos.

Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia" O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?

As entradas teñen un prezo de 5 euros (2,5 para estudantes, xubilados persoas de 18 a 25 anos, maiores de 65 anos, desempregados, familias numerosas, familias monoparentais e perceptores de rendas sociais). Ademais, existe a posibilidade de adquirir un bono familiar que contén 4 entradas a 15 euros, o prezo orixinario de tres.

Compartir: