ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde co presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán

12/04/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi co presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.

Compostelán de nacemento, Luciano Vidán é xefe do Servizo de Hospitalización a Domicilio do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (A Coruña). O pasado mes de outubro foi reelixido por terceira vez como presidente do Colexio de Médicos provincial.

Compartir: