CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellaría de Acción Cultural inicia os itinerarios literarios "Lugares con xenio"

11/04/2016 Este martes, 12 de abril, inícianse as rutas literarias Lugares con xenio, promovidas polas bibliotecas dos centros socioculturais (Concellaría de Acción Cultural). Estes itinerarios culturais serán conducidos polo editor Henrique Alvarellos.

Partindo do emblemático Café Derby, os participantes visitarán espazos da cidade relacionados con figuras literarias como Valle-Inclán, Hemingway, Maside, Aurelio Aguirre, Eva Perón e Frei Rosendo Salvado, ou a zona onde se instalou a Exposición Rexional Galega de 1909. Como primicia, poderán ver un documento que se conserva no Hotel Compostela da visita que García Lorca fixo a Santiago no ano 1932.

O primeiro itinerario xa está completo, pero están previstos outros dous o 21 de maio e o 9 de xuño, coa posibilidade de apuntarse a eles nos centros socioculturais do Ensanche e das Fontiñas, respectivamente.

A participación nestas rutas é de balde, cunha limitación de 15 prazas por itinerario. A duración destes percorridos é de aproximadamente unha hora.

Compartir: