ALCALDÍA

Os veciños do Ensanche amósanlle as súas inquedanzas aos responsables municipais

26/10/2006 Os integrantes da Asociación de Veciños Raigame mantiveron unha xuntanza co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no seu local da Praza de Vigo. Tamén asistiron á xuntanza a concelleira de Medio Ambiente, Limpeza e Cemiterios, Marta Álvarez-Santullano, e o concelleiro de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama.

A reunión serviu para que os veciños do Ensanche transmitiran as súas inquedanzas aos responsables municipais. En especial, amosáronse preocupados polos problemas de limpeza e de ruídos provocados polas noites de movida. Tamén demandaron diversos servizos para a zona.

Compartir: