DEPORTE

A Andaina a favor de Unicef busca nesta edición axudar aos nenos e nenas sirios

06/04/2016 A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada da coordinadora de UNICEF Comité Galicia, Irene Marín, e do presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, presentaron esta mañá unha edición especial da Andaina solidaria a favor de Unicef.

Nesta ocasión, e tal e como destacou Noa Morales na súa intervención, "os fondos que se recaden irán destinados a axudar aos 8,4 millóns de nenos e nenas sirios que están a vivir unha situación especialmente dramática e inxusta debido á guerra que azouta o seu país".

A actividade consiste nunha camiñada ao Monte Viso e terá lugar este domingo 10 de abril ás 10:00 horas, con saída e chegada na praza de Europa, en Área Central. Son un total de 7,5 Km, con subidas suaves e apta para toda a familia. A inscrición é de 5 euros por participante, que se poderá realizar nas instalacións do Club Deportivo Fontiñas na rúa Varsovia, 4C, 4ºC e na oficina de Unicef en Carreira do Conde, 2, ata o venres 8 de abril, e o mesmo día da andaina xusto antes da saída. Os menores de idade deberán ir acompañados.

O presidente da sección de montaña do Club Fontiñas conta con que este domingo poidan participar unhas 50 persoas. Haberá ademais unha fila cero para todos e todas que non poidan asistir á andaina, que poderán ingresar a contía da inscrición ou o que desexen aportar no seguinte número de conta: ABANCA 2080 5355 61 30400039021

Máis información nos teléfonos 981 586 387 (Unicef) e 981 577 928 (Club Deportivo Fontiñas).

Compartir: