EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Sesión de contos e música para as familias compostelás dentro da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura

02/04/2016 A Galería Sargadelos acolleu, no marco da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos e música para os nenos e nenas de Santiago de Compostela, que asistiron acompañados das súas familias.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título "Contos para despois da chuvia", está baseada no traballo de Miguel Rico que resultou gañador do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a Editorial Kalandraka.

Esta iniciativa, que xa vai pola súa XVI Edición, desenvolverase ata o 14 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e nenas de Santiago e comarca.

Compartir: