MEDIO AMBIENTE

O Concello e Viaqua celebran o Día da Auga

22/03/2016 O Concello de Santiago sumouse hoxe á celebración do Día Mundial da Auga, en colaboración con Viaqua. A concesionaria do servizo da auga instalou unha carpa na praza Roxa, na que se realizou unha cata de distintos tipos de auga. Nela participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, que sinalou que "a cata deixou constancia da boa calidade da auga da billa en Compostela".

O edil fixo un chamamento a consumir esta auga, e lembrou os residuos plásticos que supón a auga embotellada e os seus nocivos efectos para o medio ambiente. O concelleiro de Medio Ambiente tamén incidiu en que "a auga é un recurso escaso e tremendamente necesario para o ser humano e para o ecosistema".

Compartir: